publicidade hoxe

Cores Tourís visitará o CEIP da Reigosa para comprobar as posibilidades de execución dun comedor para o centro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Ponte Caldelas

Cores Tourís na reunión co alcalde de Ponte Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, co obxectivo de analizar varias demandas do concello.

Deste xeito, Cores Tourís transmitiulle ao rexedor do concello pontevedrés o seu compromiso de visitar a próxima semana o CEIP da Reigosa co obxectivo de comprobar as posibilidades de execución dun comedor para este centro educativo, trala demanda presentada pola comunidade educativa a este respecto.

A solución técnica para a execución deste comedor pasaría pola ampliación do ximnasio, creando así unha sala multiusos na que se instalaría ese comedor, o que permitiría dar servizo ás familias que teñen aos nenos escolarizados no centro, sendo xestionado pola ANPA.

José Manuel Cores Tourís confirmoulle a visita a estas instalacións a próxima semana en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, e dos responsables da Unidade Técnica deste departamento, de cara a avaliar a viabilidade da obra e o seu custo. “O alcalde asegura que o concello colaborará tamén na execución destes traballos”, explicou o delegado territorial.

Ademais, durante o encontro Andrés Díaz expuxo ao delegado territorial a súa proposta de creación dunha agrupación voluntaria de Protección Civil mancomunada, “para o que imos manter un encontro nos próximos días cos alcaldes dos concellos limítrofes. Os municipios contan con material para este grupo, pero necesitaríamos a lo menos un vehículo de emerxencias”.

O delegado territorial transmitiulle ao alcalde de Ponte Caldelas que nesa reunión estará tamén presente o xefe do Servizo de Emerxencias da Delegación Territorial de cara a recoller as demandas concretas dos concellos, “tendo en conta que a administración autonómica está a priorizar proxectos agrupados como este”.

De feito, Cores Tourís recordou que precisamente onte, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, onde destacou a importancia da frutífera colaboración entre Administracións, en especial cando se trata dun eido tan sensible e importante como é o das emerxencias e a seguridade cidadá.

21 de outubro de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.