publicidade hoxe

Contacontos familiar e actividades sobre o mar en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

CONTACONTOS FAMILIAR VENRES 23 DE OUTUBRO: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns. 19.00 h – Biblioteca Pública “Castelao”

A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños, levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos. TODOS OS PÚBLICOS a partir de 3 anos.

DEFINICIÓN ESPECTÁCULO.- A representación divídese en 2 partes diferentes.
1. a) Escenificación da lenda tradicional, con aparición de diferentes personaxes e recursos teatrais.
2. b) Pequeno pasarrúas co público que representa unha expedición aos fondos mariños coa aparición de tres grandes peixes inchables con luz propia

ACTIVIDADES SOBRE O MAR NA BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO SÁBADO 24 DE OUTUBRO. 11.00 a 14.00 h – Biblioteca Pública “Castelao”

Visitas guiadas á biblioteca e presentación dos libros, máis de 250 exemplares diferentes, obtidos grazas o Premio Maria Moliner 2014 outorgado á Biblioteca Pública Castelao pola súa labor na animación á lectura.
Obradoiros sobre o mar coa colaboración do Club Náutico de Rianxo e o Colectivo Artesán Ondiñas Mainas
Exposición de fondo sobre o mar con material cedido polo Museo do Mar de Rianxo

16 de outubro de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.