publicidade hoxe

Concurso de tarxetas de Nadal en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O departamento de Cultura do Concello de Vedra propón o seu I concurso de tarxetas de nadal 2015.

BASES DO CONCURSO:

CONCURSANTES:

Poderán participar todos os nenos e nenas da comunidade educativa de Vedra e tamén todos os nenos e nenas empadroados neste concello nas idades comprendidas neste concurso.

*Cada concursante só poderá participar con unha tarxeta.

* Cada tarxeta deberá ter un único creador ou creadora.

CONDICIÓNS:

As tarxetas serán realizadas nunhas dimensións de 15 x 21 cm (Din A5 / medio folio) e coa única temática do nadal (entendida libremente por cada unha das persoas participantes)

As mesmas deberán ser inéditas e reflectir unicamente a creatividade do autor ou autora.

No reverso deberán figurar os seguintes datos:

* nome, apelidos, idade, centro escolar e teléfono de contacto.

CATEGORÍAS E PREMIOS:

– Categoría PREESCOLAR (persoas nadas despois do 2011)

– Categoría INFANTÍL ESCOLAR (persoas nadas en 2010 – 2011)

– Categoría 1º E 2º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2008-2009)

– Categoría 3º E 4º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2007- 2006)

– Categoría 5º E 6º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2005 – 2004)

PREMIOS:

* Haberá un premio ao mellor traballo de cada categoría.

* De entre todos os traballos recibidos un xurado elixirá a tarxeta que se empregará como felicitación oficial do Concello de Vedra no Nadal de 2015.

*Todos os traballos recibidos serán expostos na Casa das Artes de Vedra “Chousa do Cotiño” durante a súa programación de Nadal.

PRAZO DE ENTREGA:

As tarxetas deberán presentarse no Departamento de Cultura do Concello de Vedra

ANTES DO 20 DE NOVEMBRO

*Os traballos poden presentarse ben en persoa en horario de luns a venres de 9.30 a 14 h, ou na seguinte dirección postal:

Concello de Vedra

Avda Mestre Manuel Gómez, 1

15885 Vedra

A Coruña

ACEPTACIÓN DAS BASES:

O concello de Vedra reservase o dereito de resolver, como considere oportuno, cantas cuestións poidan xurdir da aplicación das presentes bases.

Así como as persoas participantes, polo feito de selo aceptan as presentes bases.

30 de outubro de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.