publicidade hoxe

Compostela e os concellos da comarca continúan colaborando na prestación de servizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaSantiago de CompostelaTeoVedra
A-
A+

Santiago, Ames, Teo e Vedra analizan fórmulas de cooperación en relación ao lixo, o subministro eléctrico ou as emerxencias. Oroso e Boqueixón amosaron o seu interese en sumarse aos acordos. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reuniuse hoxe no Pazo de Raxoi cos alcaldes de Teo e Vedra, Rafael Sisto e Carlos Martínez Carrillo, e co edil de Urbanismo e Obras Públicas de Ames, José Blas García Piñeiro.

Foi unha primeira toma de contacto para explorar a posibilidade de mancomunar servizos, partindo do convencemento común de que “a actual lexislación é tremendamente restritiva para poñer en marca políticas municipais realmente beneficiosas para a cidadanía”. Á xuntanza non puideron asistir os representantes de Oroso e Boqueixón por problemas de axenda, pero os dous Concellos amosaron o seu interese en sumarse aos acordos.

Xan Duro explicou que a intención destas reunións é que os municipios “se acheguen á xestión púlica de servizos como o da recollida do lixo ou as emerxencias”. O concelleiro compostelán de Medio Ambiente e Convivencia advertiu que estamos ante “procesos moi complexos, porque cada concello tén os seus ritmos e as súas concesións teñen prazos distintos de vencemento”. Entre as alternativas que se barallan, figuran a recuperación da mancomunidade ou a creación de empresas conxuntas.

Na mesma liña, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, sinalou que os avances teñen que ser necesariamente lentos, pois “as decisións teñen que ser moi fundadas porque lles afectarán aos concellos durante anos, por exemplo no que tén que ver coas concesións do lixo”.

Na reunión desta mañá, acordouse que cada concello estude un servizo determinado. Nas próximas semanas seguiránse mantendo os contactos.

8 de outubro de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.