publicidade hoxe

Comezan as obras de adecuación e mellora da estación de autobuses de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias Rodríguez, supervisou esta tarde o comezo das obras de adecuación e mellora da estación de autobuses de Monforte de Lemos.

“Estas actuacións”, explicou Arias, “resolven as carencias detectadas recentemente nas instalacións da estación e van repercutir nun mellor servizo para todos os usuarios porque incrementarán a calidade do transporte público e, en consecuencia, fomentarán o seu uso”.

Os traballos que comezaron hoxe, promovidos con carácter urxente pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Mobilidade, contan cun investimento de 20.000 euros.

A Xunta, tras supervisar o estado das instalacións, constatou a necesidade de levar acabo accións de reparación e mantemento. As melloras que se están a acometer consisten na substitución de falsos teitos nos aseos, nos despachos de venta de billetes e no vestíbulo da estación.

O actual teito de escaiola mudarase por un falso teito rexistrable, ao que tamén se adaptará a iluminación. A maiores, revisaranse e limparanse a cuberta, as súas baixantes e os canalóns.

26 de outubro de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.