publicidade hoxe

Comeza no Grove unha nova temporada de “Piscina para maiores”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Un ano máis o talaso do Hotel Louxo La Toja acolle o programa de actividade física no medio acuático para maiores. A finalidade deste programa é que os maiores conserven e melloren notablemente a súa mobilidade articular, ademais de manter a súa forza muscular, permitindo así garantir a autonomía un maior número de anos.

A actividade realízase na piscina interior de auga de mar climatizada do Hotel Louxo La Toja e conta cunha temperatura superior á das piscinas convencionais o que permite que incluso as persoas que presentan maiores limitacións na súa mobilidade poidan participar neste proxecto. As clases celébranse todos os luns e mércores de 9.15 a 10.15 horas tendo un prezo de 18 euros por un día a semana e 35 euros por dous días a semana. 

Debe destacarse a inestimable colaboración do Hotel Louxo La Toja que ano tras ano permite realizar esta actividade municipal nas súas instalacións mantendo así o seu compromiso social cos veciños e veciñas do Grove. 

20 de outubro de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.