publicidade hoxe

Comeza a IX Mostra de Outono de Teatro do Concello de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Este domingo dará comezo a IX Mostra de Outono de Teatro do Concello de Laxe que estará formada por un total de 5 actuacións consecutivas nos domingos deste mes de outubro e os tres primeiros de novembro. A colaboración e o traballo conxunto do Concello de Laxe coa Asociación Municipal de teatro Folerpas, deu lugar a esta mostra na que 4 das súas obras estarán representadas por actores e actrices pertencentes a grupos de teatro de carácter afeccionado procedentes de Santa Comba, Carballo, A Ulloa e Palas de Rei (pois é obxectivo prioritario desta mostra dar a coñecer e outorgar protagonismo ao traballo de diferentes grupos de teatro de carácter afeccionado da nosa Galiza e doutros lugares do Estado cando hai ocasión). Pero tamén teremos nesta mostra teatro de unha obra de carácter profesional na participará o grupo de teatro Ghazafelhos.

Todas as actuacións terán lugar no salón de actos municipal ás 19 horas e a entrada será gratuíta.

Para este domingo, temos o pracer de contar coa presenza da Escola Municipal de Teatro de Santa Comba (The puntillas teatro) que nos interpretarán a obra de “O Ollo que todo o ve”, escrita e dirixida por Xan Martínez, da que mandamos unha imaxe no arquivo adxunto. 

Cunha duración de 55 minutos, os 8 actores e actrices que se subirán ao escenario, conducirán ao espectador/a a facer unha reflexión crítica sobre os programas de televisión denominados “realitys”, preguntándose onde están os límites éticos (incluso legais) para atopar esta realidade.

Aínda que a obra é apta para todos os públicos recoméndase para os grupos de persoas xóvenes e adultos/as.

16 de outubro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.