publicidade hoxe

Chano, do Burela: ‘será o partido para dar un golpe sobre a mesa’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén viaxa esta tarde ao seu destino da quinta xornada Primeira LNFS. “Será o partido para dar un golpe sobre a mesa. Nós mesmos decidimos polo que queremos loitar e farémolo por seguir sendo un equipo competitivo e correoso” advertía Sebastián Vargas, Chano. As cámaras de Teledeporte seguirán a cita mañá en directo, a partir das 13.00 horas, no Siglo XXI.

“Esperemos que continúe esta boa liña”, confesaba o 11 laranxa tras o triunfo fronte a Elche (3-2) en liga e O Parrulo (1-3) en Copa do Rei. Chano converteuse no gran billete copeiro con hat-trick. “Estou moi contento, sobre todo por gañar pero tamén por atoparme co gol; con Elche tiven moitas ocasións que non puiden finalizar” explicaba o pivote gaditano, que cumpre a súa segunda tempada coa elástica mariñá.

Con 4 puntos no seu poder, o equipo de Daniel Ibañes visita o sexto clasificado (con 5 puntos) con bo inicio de liga: vitoria 1-2 fronte a Antequera, seguida de empate con Ribera Navarra (4-4) e Palma Futsal (2-2), ademais de caer pola mínima na xornada inaugural fronte a FC Barcelona (5-6).

A boa noticia no vestiario laranxa protagonízaa Iago Míguez, que xa adestrou con normalidade logo de non poder estar en Copa do Rei fronte ao Parrulo o martes por unha inflamación no pé. Pola contra, Jorge e Antoñito non chegarán ao cento por cento.

Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder

Oitavos

Antes de recibir ao Jumilla o sábado 17 en Vista Alegre, os laranxas desprazaranse o luns a Tudela, para medirse ao Aspil Vidal Ribera Navarra o martes en oitavos de Copa do Rei (20.30 horas), co que Burela FS xa se mediu en liga, con 2-2. “É unha competición bonita, queremos competir e seguir xerando ilusión, aínda que sabemos que será difícil. Ribera é un equipo moi parello a nós e cunha pista moi complicada” valoraba Chano.

9 de outubro de 2015 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.