publicidade hoxe

Cedeira acollerá talleres de estimulación cognitiva para persoas diagnosticadas de Alzheimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A iniciativa será posible grazas á colaboración entre a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Camilo Casal e AFAL Ferrolterra, que se unen así para prestar apoio e mellorar a calidade de vida de afectados e familias. Onte, Concello e asociación celebraron unha charla no Auditorio, na que o presidente de AFAL, José Manuel Maceiras, agradeceu a implicación do Concello de Cedeira e presentou a asociación. A terapeuta ocupacional, Noelia Ríos, abordou síntomas, características, tratamentos, terapias… e a directora do Centro de Día da Rede Pública, Milagros Prieto, informou dos citados talleres. Dende AFAL anímase a todas as familias a informarse no departamento municipal de Servizos Sociais de Cedeira e anotarse alí na iniciativa.

16 de outubro de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.