publicidade hoxe

Carral sobre rodas no “7º Día do Patín”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Día do Patín en Carral

Día do Patín en Carral

Este pasado domingo o Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia organizaron o “VIII Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de Paleo. Este evento, que nesta alcanza a súa oitava edición, ten a finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que tantos “adictos” reúne en Carral.

Acudiron á cita os clubs e escolas da Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes e por suposto o club Alquimia e a escola municipal de patinaxe, ambos de Carral, ademais de numerosos afeccionados a este deporte. A actividade comezou sobre das 11.00 da mañá e prolongouse até as 18.30 h, facendo unha pequena pausa ao mediodía para comer. Durante o día levaron a cabo actividades lúdicas como a decoración e pintado de patíns e camisetas, proxección de gravacións de campionatos da especialidade e documentais técnicos, clases de iniciación para aqueles que nunca se puxeron uns patíns, xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Ademais este ano, incorporáronse clases de descenso en patíns e clases de patinaxe en liña. 

19 de outubro de 2015 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.