publicidade hoxe

Carmela Silva e José Balseiros asinan un acordo para a cesión da recadación executiva ao ORAL

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoPontevedra
A-
A+
Carmela Silva na reunión co alcalde de Cerdedo

Carmela Silva na reunión co alcalde de Cerdedo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Cerdedo, José Balseiros, aproveitaron a xuntanza oficial de hoxe para ratificar o convenio polo cal o Concello lle cede ao ORAL a recadación executiva dos impostos municipais.

Silva e Balseiros mantiveron este encontro no marco das xuntanzas que a presidenta está a manter con todos os alcaldes da provincia para explicarlles aos rexedores a nova política que se está a desenvolver na Deputación e as liñas estratéxicas do novo goberno.

De feito, o alcalde de Cerdedo felicitou a Carmela Silva polos cambios introducidos no plan de emprego, no que se ampliaron as xornadas e os salarios dos traballadores, e polo aumento das subvencións para o servizo de axuda no fogar.

Pola súa parte, a presidenta da Deputación aseguroulle ao alcalde de Cerdedo que estudará as deficiencias de dúas estradas provinciais que atravesan o termo municipal e que foron recentemente arranxadas para subsanalas no menor tempo posible.

22 de outubro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.