publicidade hoxe

Carballo asina o contrato para a dotación dos servizos de Telefonía fixa e móbil e rede de datos por 360.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+
Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato de servizos de “Telefonía fixa e móbil e rede de datos do Concello de Carballo”. A empresa adxudicataria é R Cable Telecomunicaciones Galicia SA por un importe de 362.699,99 euros. A duración do contrato será de catro anos a contar dende o día seguinte ao da formalización do mesmo, cun prazo de implantación de tres meses dende a súa sinatura. O obxectivo do contrato é o de reestruturar as comunicacións do Concello de Carballo de maneira que se facilite tanto a comunicación interna dos servizos como de estes á cidadanía, ademais de conseguir un aforro de custos considerable para as arcas municipais, xa que non só o importe anual é substancialmente inferior ao que se estaba pagando até o de agora, senón que o prezo base de licitación para o contrato era de 600.000 euros.

Entre as melloras ofrecidas polo contratista, está a de establecer un prazo máximo de resolución de incidencias de dúas horas dende a súa notificación. Asinaron o contrato o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un representante da empresa que asegurou que comezarán a traballar de forma inmediata. Tamén o Alcalde e Diego Vázquez, de Construcciones Ramón Vázquez y Reino, veñen de asinar dous contratos para a creación de dúas redes de saneamento en Bértoa: a “Rede de saneamento no Añon” e a “Rede de saneamento en Portolago”. A primeira por un importe de 54.692 euros e un prazo de execución de cinco meses; e a segunda en Portolago por 92.565 euros cun prazo de execución tamén de cinco meses, sumando o custo dámbolos dous traballos un importe total de 147.257 euros.

5 de outubro de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.