publicidade hoxe

Cambre presenta o Roteiro Terra das Mariñas 2015 que pasará por cinco concellos da área metropolitana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportes
A-
A+
Presentación dos roteiros

Presentación dos roteiros

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o presidente do Club Ciclista Cambre Caeiro, Antonio Carrodeguas, presentaron esta mañá a XI Edición do Roteiro Terra Das Mariñas que atravesará cinco concellos da área metropolitana. A ruta ciclista arrincará o vindeiro domingo día 25 de outubro ás 9.30 horas desde o campo da Feira.

Carrodeguas recalcou a alta inscrición de participantes e agradeceu aos patrocinadores a súa aposta por este roteiro que cada ano congrega por centos  de clicloturistas de toda a comarca. Pola súa banda, o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, agradeceu o labor que leva a cabo o club cambrés en todas as categorías e lembrou os recentes éxitos do club, “unha marca de prestixio no mundo do ciclismo e un orgullo para o concello”.

Antes do inicio do roteiro o club homenaxeará a Eva Castro e Pablo Torre pola súa contribución a este deporte e a esta carreira en particular. Lembraron que o período de inscrición está aínda aberto até o próximo día 21. Serán dúas rutas diferentes con dúas subidas ao Xalo. Unha de 70 quilómetros e outra de 35 quilómetros que esperan percorrer ao longo da mañá. A ruta está aberta a todos os amantes da bicicleta e especialmente aos ciclistas de montaña. O roteiro discorrerá por Cambre, Culleredo, Carral, A Caracha e Cerceda. O percorrido pódese estudar na páxina web do Club Ciclista Cambre.

19 de outubro de 2015 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.