publicidade hoxe

Brión convoca unha Mesa polo Emprendemento para informar á veciñanza sobre como montar unha empresa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión convoca unha Mesa polo Emprendemento para informar a todos os veciños e veciñas que o desexen sobre como montar a súa propia empresa. A participación nesta iniciativa, que terá lugar o martes 10 e o xoves 19 de novembro, é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse antes do 3 de novembro na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en voluntariado@briondixital.org.

A sesión celebrarase no centro social polivalente, en horario de 20:00 a 21:30 horas, sempre que haxa un mínimo de 8 inscritos. Durante esas tres horas, os veciños e veciñas que se inscriban recibirán información sobre todos os pasos a ter en conta á hora de montar a súa propia empresa: fiscalidade, modelos de contratación, elaboración de nóminas… Un encontro no que se tratará de dar resposta a todas as dúbidas que poidan ter os emprendedores brioneses.

16 de outubro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.