publicidade hoxe

Brión conmemora o Día da Biblioteca coa representación de “Catalina, lino, lina” este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión conmemorará o Día da Biblioteca cunha sesión de teatro a cargo de Glup Glup Teatro, que representará “Catalina lino lina”, unha peza teatral chea de amor polos libros e a lectura. A actuación terá lugar mañá venres 23 de outubro, ás 17:30 horas na biblioteca municipal ou na sala de exposicións, dependendo do número de asistentes. A entrada é libre e de balde.

“Catalina lino lina” é unha peza especialmente dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos. Ten unha duración de 45 minutos, nos que a protagonista lles demostra aos pequenos/as que cada vez que abren un libro, os seus personaxes cobran vida. O espectáculo está organizado polo Concello de Brión, en colaboración co programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

22 de outubro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.