publicidade hoxe

Basterra sinala que cando Asunta foi a clase indisposta durmira coa súa nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

A defensa de Alfonso Basterra, que leva a letrada Belén Hospido, introduciu este xoves algunhas matizacións no seu escrito de conclusións sobre o asasinato da menor, do que están acusados os seus pais, no relativo aos episodios de sedación dos que foron testemuñas varios profesores.

Segundo se leu na sala, este escrito defende que Asunta presentaba “síntomas de rinitis alérxica” e que foi a súa exmuller a que “propuxo combater con Aerius”, un anihistamínico que, con todo, ningún dos dous recoñeceu haberlle dado de forma efectiva.

Ademais, puntualizou que “nas datas nas que non acudiu a clase ou que acudiu indisposta”, Asunta “pasara a noite en casa da súa nai”, a excepción do día 9 de xullo, que durmiu en casa do seu pai. No entanto, chegou a este domicilio “xa ceada e manifestando tomar e aínda antihistamínico”.

“Non existe constancia de que ningunha das indisposicións estivesen motivadas pola administración de lorazepam”, recollen as conclusións da defensa de Basterra, que nunca llo administrou nin tivo coñecemento de que o tomase até despois da súa morte” e que “non foi coñecedor de que fora a Teo”.

O escrito tamén recolle como as relacións entre ambos os pais “melloraron” tras o ingreso hospitalario que Porto sufriu en xuño e que Alfonso era “quen se encargaba dos recados, entre eles de proporcionarlle os medicamentos” á súa exmuller.

Aínda que recoñece que comprou varias caixas de Orfidal no mes de xullo, o acusado di que “entregaba as caixas a Porto inmediatamente despois de compralas” e que a súa exmuller “non comprou ningunha caixa de Orfidal”, aínda que dispuña delas e o tomaba. Á súa detención, apunta, Rosario “aínda conservaba dúas caixas” cun número indeterminado de comprimidos.

PORTO MANTÉN A VERSIÓN

A defensa de Rosario Porto, pola súa banda, mantivo as conclusións provisionais que apelan á inocencia como “tese principal” e incluíu no seu relato o desenvolvemento dos feitos desa tarde que tamén contou a acusada na súa declaración.

Neste relato concretou a hora da comida familiar o 21 de setembro de 2013 entre as 14,30 e as 15,10 horas e afirmou que deixou á súa filla na rúa, nun cruzamento próximo ao seu domicilio, ás 19,00 horas.

O seu letrado tamén fixo mención á situación psicolóxica e psiquiátrica de Porto e aludiu á imposibilidade de fixar certos datos como a hora da morte da nena.

22 de outubro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.