publicidade hoxe

Ataque da vandalismo no novo pavillón do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GroveSucesos
A-
A+
Un dos actos vandálicos

Un dos actos vandálicos

Na tardiña de onte un grupo de individuos que foron identificados como rapaces novos accedeu ao novo pavillón municipal empregando unha pau (tipo bate) para forzar a porta. Unha vez dentro realizaron pintadas en varias zonas e emborcaron botes de pintura e algún outro material de obra causando desperfectos de certa importancia na instalación.

A Garda Civil foi informada dos feitos e contouse coa colaboración veciñal, xa que se observou a un grupo de rapaces nas inmediacións do pavillón e puido facerse unha descrición dos mesmos. Agárdase que nas vindeiras horas, e unha vez formalizada a denuncia, poidan ser identificados para que asuman a responsabilidade dos actos vandálicos realizados. 

Lembramos que o pavillón de deportes está practicamente rematado – a semana pasada foron finalizados os vestiarios – , tan só pendente da chegada do material preciso para a súa posta en marcha (porterías, canastas, marcador…) e do acondicionamento da zona de acceso, feito que conta con certa demora xa que os orzamentos anteriores non contemplaban estas obras e foi preciso facer modificacións de crédito para poder acometelas. 

Dende o Goberno local quere incidirse na gravidade destes feitos que afectan a un ben público e que supoñen un ataque ós intereses de todos os veciños e veciñas do Grove. Agárdase que este tipo de actos sen xustificación non se repitan e os culpables paguen polo dano realizado. 

23 de outubro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.