publicidade hoxe

Asínanse os contratos para a realización de melloras viarias nas parroquias de Ardaña, Artes, Sofán, Rus e Entrecruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura de dous contratos para a realización de melloras en vías e camiños nas parroquias de Ardaña, Artes, Sofán, Rus e Entrecruces. Trátase do contrato para a realización de “Sobreanchos e reparacións en varios camiños das parroquias de Ardaña, Artes, Sofán e Rus no Concello de Carballo”, proxecto incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, POS 2015. O prezo de adxudicación foi de 196.383 euros (IVE incluído) e o prazo de execución é de tres meses.

As pistas obxecto de mellora están situadas nos traxectos entre Noví e As Pallas (parroquias de Artes e Ardaña); entre A Ponte Nova e Vilardefrancos (parroquia de Artes); e no traxecto entre Ramil e Calvos (parroquias de Sofán e Rus). As obras consistirán na reparación e pavimentación das vías locais, cun rebacheo previo, ademais da limpeza e perfilado das cunetas. Así mesmo, modificaranse as arquetas e crearanse sumidoiros que queden debaixo da nova capa de rodadura.

O segundo contrato asinado refírese aos traballos de “Reparación dos viais secundarios na parroquia de Entrecruces” por 35.816 euros (IVE incluído). O prazo de execución da obra é de tres meses. As melloras realizaranse nos viais que transcorren entre os seguintes lugares: Cotaro, San Paio-Sabadín, Pereiro da Baixa-O Ribeiro, Pereiro Vello, Lebosende-Meixonfrio 1, Piñeiro Da Alta-O Campo, Pazos-Casais, Piñeiro da Baixa-A Igrexa, Souto Grande-Outeiriños, A Redonda-A Ferveda, Sabadín-Vilela e Piñeiro da Alta-Ponte de Ouxas.

Nos dous casos a empresa adxudicataria, que será a encargada da realización dos traballos, será Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL, por un importe global de 232.199 euros. No acto de sinatura estiveron presentes o Acalde de Carballo, Evencio Ferrero; o xerente da empresa, Diego Vázquez, e o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas. As obras de mellora darán comezo o antes posible.

29 de outubro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.