publicidade hoxe

As estrelas Michelin visitan a Festa do Marisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Festa do Marisco é un referente gastronómico nacional e internacional e a inauguración da Mostra de Cociña en Vivo confirmao. Hoxe ás 18.00 horas na Carpa institucional celebrarase unha mesa redonda na que os “estrela Michelin” Rafa Centeno, Inés Abril e Javier Olleros falarán das posibilidades gastronómicas do marisco. O evento estará presentado polo xornalista Carlos Crespo.

Mostra de pinchos

A continuación poñerase en marcha a Mostra de Pinchos na que estarán presentes os restaurantes locais: Airiños, A Tapería, Pan de Millo, Meloxeira, Misturas, O Trasno, A Costa que presentarán as súas creacións en pinchos (adxuntamos o listado) e o Casino fará o propio cos cócteles. A partires do sábado comezarán as sesións de cociña en vivo. 

2 de outubro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.