publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arzúa retoma o programa de compostaxe doméstico co reparto de 10 novos composteiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa repartirá 10 composteiros entre as familias de Arzúa que desexen facerse con algún destes recipientes para a reciclaxe doméstica. As persoas que estean interesadas deberán anotarse dende hoxe e ata o vindeiro día 16 de outubro nas oficinas do Concello, no departamento de técnica local de emprego; tamén poderán facelo por teléfono chamando ao número 981500000.

Os composteiros repartiranse por rigurosa orde de inscrición e ata agotar as existencias.  Mediante esta iniciativa o concello trata de reducir a cantidade de materia orgánica procedente dos residuos a través da compostaxe, un método biolóxico de tratamento que permite a transformación do lixo nun fertilizante natural a través dun proceso sinxelo e barato que permite, á vez, eliminar a recollida, o transporte e o tratamento dos residuos vexetais contribuíndo así a que o coidado do medio sexa cousa de todos.

Non é esta a primeira vez que o Concello de Arzúa pon en marcha unha iniciativa moi agradecida pola veciñanza, que conta ademais cunha bonificación no recibo da taxa do lixo para aquelas persoas que posúen un destes composteiro e fan uso del de maneira axeitada.

8 de outubro de 2015 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.