publicidade hoxe

Arranca o programa deportivo escolar de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este luns, día 5 de outubro arranca o XII PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR, que terá una duración de 8 meses, finalizando o 31 de maio de 2016.

Para ese curso 2015/16 organizáronse un total de 13 escolas, e nelas inscribíronse 616 nenos/as distribuidos da seguinta forma:  

ATLETISMO

33

TAIKIC

25

BALONCESTO

14

TENIS

40

CICLISMO

12

TENIS MESA

9

PATINAXE

220

VELA

25

PIRAGÜISMO

23

XADREZ

24

PSICOMOTRICIDADE

11

XIMNASIA (acrobática)

55

TAEKWONDO

125

 

 

Informar os pais que todavia existe a posibilidade de anotar os nenos/as nas actividades que teñan PRAZA LIBRE.

O Programa Deportivo é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Fundación Cangas Deporte, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxetivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e si lles gusta que o seu tránsito a un club sea máis sinxelo.

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas da Fundación, e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

Dende a Fundación Cangas Deporte agradecer a enorme colaboración das ANPAS, CENTROS ESCOLARES e CLUBS do municipio, sen a cal sería moi compricado levar a cabo este Programa Deportivo Escolar. 

7 de outubro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.