publicidade hoxe

Ampla programación de outono no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove, grazas a colaboración dos numerosos colectivos culturais e deportivos existentes na vila, ven de pechar un programa de actividades para os vindeiros dous meses que pretende dinamizar e poñer a disposición dos veciños e veciñas unha ampla oferta lúdica e cultural. É subliñable que o programa xorde da colaboración directa de tódalas concellerías que conforman o goberno local, feito que permite contar con máis actividades e optimizar os escasos recursos existentes. Deste xeito existe unha coordinación clara no deseño da programación para evitar solapamentos ou duplicidades no plantexamento das mesmas.

Debe destacarse ademais, que seguindo a pauta marcada dende o comezo do mandato, tense traballado para plantexar propostas que cubran as demandas da maior variedade posible de públicos, se ben as datas de Nadal supoñen un especial reforzo no relativo os máis pequenos, tentado ofertar actividades que doten de contidos o período de vacacións escolares.

Dende o Concello do Grove continúase avanzando no relativo a programación de actividades, de tal xeito que se ten traballado cunha maior previsión que no relativo a programación do período de verán pero inda será preciso unha melloría no deseño e artellamento das actividades. A este respecto resulta crucial o traballo das distintas asociacións e colectivos e agárdase pode seguir contando coa súa inestimable colaboración. 

No relativo á publicidade e comunicación do programa, unha vez máis pídese a colaboración cidadá na difusión das mesmas para tentar reducir os elevados custos que isto supón. Deste xeito anímase a seguir as previsións e novidades a través do Facebook “Outono O Grove”. 

27 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.