publicidade hoxe

Ampla actividade da ASC Mestre Manuel Gacio para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

Información dos próximos acontecementos da ASC Mestre Manuel Gacio:

– Para o día 7 de novembro, temos o nomeamento de SOCIO DE HONRA de Xosé Neira Vilas. O acto terá lugar na Fundación Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) ás 18.00 h. e contará coa actuación do grupo de teatro do CRA de Sarandón (Vedra) interpretando “Cantos de Lúa e Sol” e os grupos Estralampo e Ardora.

– Para o 14 deste mesmo mes, as Xornadas micolóxicas. Será no Centro de Interpretación do Pico Sacro Cachosenande, en Lestedo e constará dunha xornada teórica e saída ao monte para recollida. O prezo para socios será de 5 euros e para non socios, 8 euros. O prazo de inscrición está abert ata o 13 e para que poida levarse a cabo a actividade será preciso un mínimo de 5 persoas.

Por outra banda, non esquecer de aboar a cota de 5 euros do 2015, todos aqueles que aínda non o fixeron, podedes facelo no seguinte número de conta de ABANCA: 2080 0320 28 3040010149.

28 de outubro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.