publicidade hoxe

Alumnos do David Buján participarán na Feira de Ciencia en Acción de Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Alumnos do David Buján de Sigrás participarán o próximo fin de semana na XVI Feira Ciencia en Acción que terá lugar do 16 ao 17  de outubro no Parc de Can Xic de Viladecans, Barcelona. Nesta edición houbo catro traballos finalistas de David Buján, tantos como houbo, por exemplo,  en toda a provincia de Pontevedra.

Ciencia en Acción escolle, de entre todos os traballos presentados, unha serie de finalistas que participan de forma presencial na feira. Os traballos clasifícanse por modalidades. En todas as modalidades hai un traballo gañador, unha mención de honra e cinco finalistas. En concreto, na modalidade “LABORATORIO DE XEOLOXÍA”  o xurado designou a dous  traballos de Cambre como finalistas: “CLAVE DE IDENTIFICACIÓN DE ROCAS E MINERAIS CON CÓDIGOS QR” de José Viñas, Noa Fernández, Lorena Freijeiro, Elisabet Martínez e Martín Oitavén e “NON TODOS OS CRÁTERES TEÑEN O SEU VOLCÁN” de José Viñas, Sergio Calvete, Alán Roibás e Antonio Vieiro do IES David Buján da Coruña. Doutra banda, na  modalidade “CIENCIA E TECNOLOXÍA” designaron o traballo “REALIDADE AUMENTADA. A Coruña EN CINE” de José Viñas, María Varela e Juan Carlos Cáceres do IES David Buján da Coruña. E, por ultimo, na modalidade  “POSTA EN ESCENA” alcanzou a final o traballo “TEATRO MATEMÁTICO” Carlos Balado, Sara González, Alicia González, Rocío Míguez, Antía García e Estefanía Fernández do IES David Buján da Coruña. 

Os responsables educativos do proxecto científico do IES David Buján, lamentan que non todos os alumnos poderán ir á Feira debido a que a sede se cambiou no último momento e deberán asumir o custo da viaxe.

“Ciencia en Acción” é unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Física, a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Astronomía, a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Sociedade Xeolóxica de España e a Universidade Nacional de Educación a Distancia. Este programa aproxima a ciencia e a tecnoloxía ao gran público dunha maneira dinámica, fácil e amena. O seu principal obxectivo é presentar a ciencia dunha maneira atractiva e motivadora de tal forma que os mozos e o público interésense por ela e ao longo do concurso gocen atendendo as conferencias, observando e participando na feira, e os máis animados subindo á gran experiencia. “Ciencia en Acción” está dirixido a estudantes, profesores, investigadores e divulgadores da comunidade científica, en calquera das súas disciplinas. 

15 de outubro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.