publicidade hoxe

AGACA e “la Caixa” organizan xornadas en tres cooperativas para pór de relevancia á muller rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLugoOrdes
A-
A+

As Xornadas están dirixidas a mulleres que viven no contorno rural, especialmente no caso das vinculadas a algunha cooperativa xa que, en moitos casos,son as titulares das súas explotacións, onde ademais traballan — o 56% delas pasan entre 4 e 8 horas diarias na corte—, pero non exercen cargos nos órganos de decisión.

Nese senso, os datos amosan que, en Galicia, malia que as cooperativas contan cun49% de asociadas, nos consellos reitores haiun 12% de mulleres e só o 3% de presidentas.

Retos

Entre os retos que se tratarán nas Xornadas, cóntanse os xeitos de conciliar a vida familiar e profesional ou a falta de confianza nas propias capacidades para exercer cargos de responsabilidade pública. 

As Xornadas visibilizarán o rol que poden desempeñar as mulleres rurais, motivarán ás asistentes para seren máis participativas e incidirán na necesidade de adquirir conciencia da súa capacidade real para traballar e tomar decisións nos órganos de xestión de entidades do ámbito público. 

Compromiso coa igualdade

A iniciativa “Atrévete contigo mesma” supón unha continuación das actividades que AGACA vén desempeñando para contribuir á visibilización e o empoderamento das mulleres do contorno rural a nivel persoal e profesional, mediante accións como estudos, enquisas, charlas e módulos formativos e de motivación, que recibiron respostas moi positivas das cooperativas. 

Atrévete contigo mesma” suma ademais a implicación da Obra Social “la Caixa”, comprometida coa igualdade de xénero e o aproveitamento da capacidade empresarial das mulleres do mundo rural. 

Xornadas en cooperativas

4 de novembro, mércores — AGRIS, Polígono da Louzaneta s/n, LUGO – 11:00 a 15:00 h.

6 de novembro, venres —COREBER, Restaurante Punta del Este en Avda. de Malpica, 125, Carballo, A Coruña) – 10:30 a 14:00 h.

9 de novembro, luns — Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, ACO,r/Emilia Pardo Bazán, 12, Ordes, A Coruña – 10:30 a 14:30 h. 

30 de outubro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.