publicidade hoxe

Adxudícase a obra de mellora dos accesos ao parque empresarial da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Xunta de Goberno Local da Laracha, reunida hoxe en sesión extraordinaria, adxudicou o contrato da obra de mellora dos accesos ao parque empresarial desde as vías AC-552 (A Coruña-Fisterra) e DP-1913 (A Laracha-Baldaio), actuación valorada en 136.000 euros e que será cofinanciada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da convocatoria de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos polígonos industrial.

Nos próximos dúas comezarase a executar a actuación deseñada polo grupo de goberno local da Laracha, consistente na nova pavimentación con aglomerado asfáltico en quente de tres tramos da rede viaria que suman unha lonxitude lineal próxima aos mil metros. A obra completarase coa correspondente sinalización horizontal e vertical.

Deste xeito melloraranse as condicións e reforzarase a seguridade viaria nesta estrada, moi transitada tanto polos vehículos pesados que se dirixen cara a zona industrial como por veciños residentes nas proximidades do polígono, xa que tamén se trata do acceso principal á parroquia de Lendo desde a AC-552.

Esta proxecto completa e complementa a actuación desenvolvida previamente, tamén dirixida á mellora dos accesos ao parque empresarial, pero neste caso desde a estrada DP-1909 e que tamén supuxo facilitar as comunicacións en núcleos da parroquia de Lendo como, por exemplo, A Xesteira.

2 de outubro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.