publicidade hoxe

Actuacións de embellecemento do Cemiterio Municipal do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove xa comezou os traballos de embellecemento do Cemiterio Municipal, ditos traballos cumprimentan os xa comezados hai semanas onde se acometeron melloras na “zona nova” recolocando placas de mármore que se tiña soltado. Tamén se instalaron farolas e se está procedendo a renovación de máis puntos de luz. O mantemento deste espazo é unha prioridade para o Goberno Municipal e tense traballado para o deseño dun plan permanente que atenda ás necesidades e peculiaridades no referido a esta instalación. O máis inmediato e o arranxo dos xardíns e a colocación de bancos.

De cara a festividade do 1 de novembro e tendo en conta o elevado número de visitas que pasan polo cemiterio nese día, agárdase ter rematado referido adecentamento que permite, ademais, poñer o día a instalación e que a posterior aplicación do plan de mantemento resulte máis sinxela. 

29 de outubro de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.