publicidade hoxe

Actividades de outono en Alfoz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAlfoz
A-
A+

Mañá venres 30 de Outubro, coincidindo co Día do Ensino,  comezan en Alfoz as Actividades de Outono 2015, coa celebración dunha GINKANA para nenos de infantil e primaria, que servirá para inaugurar as novas instalacións do Parque Municipal José María Parmeiro, recentemente remodeladas. O horario desta actividade será de 11:30 a 13:00 horas nas que se desenvolverán xogos de habilidade, coordinación, estratexia, etc., polo que se recomenda traer roupa deportiva. Se as condicións metereolóxicas non permiten a celebración no parque realizarase no Polideportivo Municipal.

O sábado 31 prosegurase con actividades para os máis pequenos, desta volta nas dependencias da OMIX no Centro Sociocultural de Alfoz. De 17:30 a 19:30 horas, celebrarase un Obradoiro creativo, no que se tratará a temática dos medos a través do contacontos “FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS”: conto para combater as preocupacións e superar os medos. Tamén se realizará un obradoiro con limpapipas. Ao rematar o obradoiro os mais pequenos compartirán un chocolate con biscoito.

Tamén o sábado 31, a partir das 20:00 horas no salón de actas do Centro Sociocultural, comezarán as xornadas de teatro, dentro do Circuito Afeccionada Bixuganga da Deputación Provincial de Lugo, coa obra “O CALDEIRO MÁXICO” do Grupo Teatral “O Centiño”, que está integrado por Luís, María Xosé, Vila, Pepita, Javier, Kevin, Avelino, Cándida, Pepe Beirán, Loli, Lucita, Raquel e o actor local Pepe Peinó.

         

29 de outubro de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.