publicidade hoxe

Ábrese o prazo para participar nas escolas de teatro e música en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O vindeiro luns día 5 de outubro, abrirase o prazo para que nenos e nenas e maiores se poidan inscribir no curso 2015 e 2016 das Escolas Municipais de Teatro e Música.

O período de inscrición permanecerá aberto, tal e como aparece no cartaz que adxuntamos, dende o luns 5 ata o venres 16 de outubro. 

A previsión de datas para o inicio das clases, é a seguinte:

– Venres 16 de outubro: Inicio das clases da Escola Municipal de Teatro cunha sesión de presentación que terá lugar no salón de actos municipal no horario habitual de ensaio de cada grupo de inscrición. O profesor que impartirá as clases continuará sendo Afonso García Penas e este ano a escola recuperará o seu horario habitual de ensaio os venres entre os meses de outubro e maio.

– 3ª semana de outubro: Inicio das clases da Escola Municipal de Música. O profesor e coordinador da escola continuará sendo Víctor M. García Pose.

As Escolas Municipais abrirán as súas portas a todas aquelas persoas que, con máis de 3 anos, no caso da Escola Municipal de Teatro, ou con máis de 5 no caso da Escola Municipal de Música, queiran formar parte delas, sen establecer un límite de idade.

Posto que as prazas son limitadas nas dúas escolas, terán preferencia de admisión, aquelas persoas que formaran parte das escolas en anos anteriores e que primeiro realicen os trámites de matriculación nas datas establecidas para elo. 

As inscricións deberán realizarse presencialmente na Oficina de Cultura da Casa do Concello (2º andar) ou telematicamente, enviando toda a documentación necesaria por correo electrónico a cultura@concellodelaxe.com que pode descargarse na web do concello: http://www.concellodelaxe.com

2 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.