publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de acondicionamento de beirarrúas na rúa Bernardo Sagasta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe as obras de acondicionamento de beirarrúas na rúa Bernardo Sagasta, no Concello de Campo Lameiro.

Estas actuacións, que se desenvolverán entre os PK 12 +590 e 12 +760 da estrada Caldas-Campo Lameiro (PO-221), adxudicáronse á empresa Construcións Obras e Viais S.A, por un importe de preto de 43.000 euros. Previse que estes traballos estean finalizados antes de que remate este ano.

As obras que se proxectan, que se desenvolverán na marxe dereita do vial, consisten na demolición do pavimento da beirarrúa e reposición con lousa granítica, unha vez soterrada a liña de media tensión aérea actualmente existente.  

En primeiro lugar, procederase á demolición do pavimento existente e retirada de produtos sobrantes; posteriormente, escavarase un rego onde se colocará canalización que albergará a liña eléctrica. Logo, executarase un recheo de formigón, sobre o que se disporá o pavimento de lousas de granito gris. Os materias seleccionados serán similares aos da beirarrúa da outra marxe da estrada. 

A Xunta, a través deste tipo de actuacións, pretende resolver carencias nas infraestruturas dos concellos galegos, mellorando a calidade de vida dos cidadáns e potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios. 

Nos seguintes plano amósase o treito obxecto destas actuacións que se centrarán no arranxo das beirarrúas na rúa Bernardo Sagasta.

30 de outubro de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.