publicidade hoxe

A Xunta entrega un vehículo para mellorar a seguridade e a xestión das emerxencias en Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFoz
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá dun novo coche ao corpo da Policía Local do concello lucense de Foz, no que reiterou a importancia da colaboración entre o goberno galego e os concellos para mellorar a seguridade e a xestión das emerxencias en Galicia.

Segundo manifestou Rueda, tratase dun novo exemplo de colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade e das emerxencias. Así, esta importante dotación permitirá mellorar os medios técnicos e de mobilidade destes corpos locais e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

Outros dos exemplos do frutífera que é esta relación e das vantaxes de cooperar entre Administracións son os parques de bombeiros comarcais, a formación na Academia Galega de Seguridade Pública, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal ou os voluntarios de Protección Civil.

Os novos vehículos entréganse ao abeiro dunha orde de axudas en concorrencia competitiva dotada con máis de un millón de euros que lles vai permitir contar aos concellos galegos con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas policías locais. Así grazas a esta importante dotación, preto de medio cento de concellos galegos melloraran os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais e polo tanto poderán prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

23 de outubro de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.