publicidade hoxe

A Xunta entrega un novo vehículo para a Policía Local de Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+
Entrega do novo vehículo

Entrega do novo vehículo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá Padrón, onde fixo entrega ao seu alcalde, Antonio Fernández Angueira, dun novo coche de Policía Local para o concello. Este novo vehículo foi cedido mediante un convenio e forma parte dun remanente producido na xestión dunha orde de axudas da Vicepresidencia, cuxo obxectivo era adquirir vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes e corpo de policía local propio.

Ao abeiro desa orde entregáronse 48 vehículos, que sumados ás novas entregas mediante convenios, superan os 50 en toda a Comunidade. Con esta iniciativa, a Xunta reforza a súa colaboración cos concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.

Os novos vehículos permitirán aumentar os medios técnicos e de mobilidade dos corpos de policía local e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo aos cidadáns. Grazas a esta actuación, a Xunta facilítalles aos concellos unha oportunidade para cambiar vehículos antigos e cun alto custe de mantemento por outros novos, dotados de mellores sistemas de seguridade e que farán que o traballo diario destes axentes sexa máis eficiente.

21 de outubro de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.