publicidade hoxe

A Xunta comeza en Fornelos de Montes as reunións de traballo cos concellos da Área Metropolitana de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFornelos de Montes
A-
A+

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe co alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, para coñecer as súas propostas e suxestións relativas á Área Metropolitana de Vigo.

Desta reunión, a primeira dunha rolda de contactos que Pazos manterá cos 14 alcaldes da Área Metropolitana, o director xeral destacou o seu ton cordial e de entendemento, así como a coincidencia co rexedor en varios puntos importantes como son os relativos ao financiamento e un sistema de participación equilibrado.

Segundo explicou Pazos Couñago, o alcalde de Fornelos de Montes mostrouse partidario de marcar unha achega fixa por habitante, como xa propuxo o Goberno galego, e considerou que o tema do transporte metropolitano é “imprescindible”;

Ademais, no tocante á Xunta de Goberno e o voto ponderado Emiliano Lage expresou a necesidade de garantir que Fornelos de Montes estea debidamente representada e invitou a que Xunta e Concello de Vigo alcancen un acordo equilibrado entre as súas dúas propostas.

Pola súa banda, o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, expúxolle ao rexedor a posibilidade de implantar a Área Metropolitana de inmediato e paralelamente tramitar as modificacións que haxa que facer na lei, co obxectivo de gañar tempo. O alcalde amosouse interesado nesta posibilidade que permitiría acelerar a chegada do transporte metropolitano, que considera imprescindible para Fornelos de Montes.

O pasado luns a Xunta anunciou que comezaría de inmediato unha rolda de contactos cos 14 concellos da Área Metropolitana. O obxectivo destes encontros é poder coñecer persoalmente as súas propostas e suxestións e intentar acadar así o máximo consenso posible para que AMV bote a andar canto antes. Os encontros comezaron hoxe mesmo en Fornelos de Montes e nas sucesivas semanas se repetirán nos outros trece concellos.

2 de outubro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.