publicidade hoxe

A xunta asina a escritura de compravenda de 22.000 metros cadrados de solo no parque empresarial de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solovén de asinar unha escritura de compravenda de máis de 22.000 metros cadrados no parque empresarial de Palas de Rei (Lugo). Estes terreos foron adxudicados a través da declaración dun proxecto empresarial singular a unha empresa asentada xa en dito parque empresarial.

A operación comprende a totalidade dos terreos da segunda fase do parque empresarial e suporá un investimento de seis millóns de euros e a creación de novos postos de traballo por parte da empresa adquirente.

Con esta adquisición a compañía poderá ampliar as instalacións con que xa conta en Palas de Rei, prevendo ademais a apertura dun centro deportivo para uso dos seus traballadores, que podería abrir aos veciños da zona.

A empresa adquirente realizará pola súa conta a urbanización interior da parcela en función das súas necesidades e comprométese á construción das edificacións previstas nas parcelas adquiridas, así como a obter a habilitación correspondente para a primeira actividade no prazo máximo de tres anos a contar dende a formalización da compravenda.

28 de outubro de 2015 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.