publicidade hoxe

A xuíza chama a declarar a 17 imputados na peza de Nigrán da Operación Patos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+
Europa Press

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo chamou a declarar a partir do próximo 10 de decembro a 17 imputados na peza separada de Nigrán aberta no marco da instrución pola ‘Operación Patos’, que investiga os supostos delitos de prevaricación e tráfico de influencias na adxudicación de contratos e obras públicas en varios municipios e administracións.

Así, o primeiro en comparecer ante a xuíza María del Carmen García Campos, a cargo tamén da peza principal desta instrución, pola que xa citou a declarar a 34 imputados, será o exconcelleiro de Nigrán José Luís Álvarez -o próximo 10 de decembro ás 10,30 horas-, que foi un dos cinco detidos no marco desta operación.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras el, está previsto que no mes de xaneiro declaren 11 persoas entre os días 4, 19 e 21; e a eles seguiranlle outras tres persoas que foron citadas o día 4 de febreiro. Ademais, outras dúas persoas declararán por exhorto.

Na investigación do Concello de Nigrán están imputados, ademais do exconcelleiro José Luís Álvarez, o tamén exconcelleiro e empresario Vicente Costas Pumar, os membros dos tribunais calificadores do plan de emprego, tres contratados dese plan de emprego, e varios empresarios.

PEZA

A estes 17 imputados súmanse os da peza principal, que empezarán a comparecer ante a xuíza o próximo 30 de outubro, dando comezo polo responsable da construtora Eiriña, Enrique Alonso Pais. Ademais, o 5 de novembro citouse á delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch; e o 10 de novembro ao expresidente da Deputación, Rafael Louzán, e ao exvicepresidente e presidente do PP en Vigo, José Manuel Figueroa.

O concelleiro de Fomento de Vigo, David Regades, está citado para o 19 de novembro; mentres que o alcalde Abel Caballero, a concelleira Isaura Abelairas e o edil Ángel Rivas (imputado tamén no caso Formigón) declararán o 26 de novembro. A eles súmanse outros empresarios, técnicos e funcionarios.

14 de outubro de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.