publicidade hoxe

A selección española feminina de balonmán xogará en Santiago un partido de clasificación para o Europeo

Lete Lasa na presentación do partido. Foto: A. Varela

Lete Lasa na presentación do partido. Foto: A. Varela

A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou esta mañá o partido clasificatorio que enfrontará á selección española feminina de balonmán contra a selección austriaca. Un encontro que terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 20:45 horas no Multiusos Fontes de Sar.

“Las Guerreras” permanecerán na capital de Galicia desde o domingo 4 ata o 8 de outubro, onde prepararán o segundo partido clasificatorio para o Campionato de Europa de 2016, que terá lugar en Suecia. Este partido, asegurou a concelleira de deportes, “supón un dos eventos de maior calibre para a cidade de Santiago e permite ademais visibilizar o deporte feminino”.

O combinado español adestrará na capital de Galicia, onde será recibido polo Concello de Santiago e a USC. Ademais, o martes 6 de outubro todos os centros de ensinanza de Santiago terán a oportunidade de ver a última parte do adestramento da selección a partir das 12:45 da mañá. O 8 de outubro, as integrantes da selección partirán cara a Bulgaria onde xogarán o segundo partido de clasificación para o Europeo 2016.

Na rolda de presentación estiveron Xosé Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán; José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte; Noa Morales, concelleira de Deportes; José Ricardo Vázquez, presidente do Club Balonmán Ribadosar.

1 de outubro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.