publicidade hoxe

A Policía Local de Cangas controla os accesos ao mercadillo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá a Policía Local de Cangas controlaba os accesos ao mercadillo en varios puntos da vila. A Policía confirma que a mañá transcorreu sen incidentes destacados, a pesar de que a varias furgonetas de fóra da vila se lles prohibiu a entrada, impedíndolles acceder á zona do mercadillo. Houbo algunha queixa a nivel individual, pero a maioría desistiron finalmente de montar o seu posto.

Por outra banda, dentro dos controis da Policía Local detívose a un individuo de iniciais R.F.O. de 31 anos de idade por saltarse un control á altura do Concello e podendo ser detido no control que estaba montado na rotonda de Montero Ríos. A citada persoa tiña retirado o permiso de conducir por sentenza xudicial firme co cal lle foi imputado un delito de quebrantamento de condena e ademais foi sometido a un control de alcoholemia dando un resultado positivo que cuadriplicaba a taxa de alcohol permitida segundo a lei de tráfico vixente. O detido foi traslado a dependencias policiais quedando citado para xuízo rápido que se celebrará o próximo martes.

En busca de solucións

Posteriormente o alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, mantivo unha xuntanza con representantes de asociacións de vendedores ambulantes e con persoas do colectivo de Cangas afectado pola venta de flores e produtos perecedoiros. Chegaron ao acordo de dar alternativas para a compensación deste día perdido. A intención é celebrar os vindeiros mercados, comprometéndose o alcalde a poñer os medios necesarios. 

Na reunión se valoraron tamén outros problemas que están a afectar ao mercado, algúns dos cales deberán ser regulados nunha posible modificación da ordenanza. É importante reseñar que a Policía Local, xunto cos conserxes do mercado, estableceran un control dos postos o próximo venres identificando a todas as persoas, tanto titulares como os que permanezan por razón de familiaridade nos postos de venta ambulante.

23 de outubro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.