publicidade hoxe

A Policía Local de Cangas continúa co control aos accesos do mercadillo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Controis policiais

Controis policiais

A Policía Local de Cangas controlou, esta mañá, os accesos ao mercadillo en varios puntos da vila. Este operativo policial deu comezo ás 6:00 da mañá dende o Concello ata a rotonda do Paseo Marítimo e foron identificados un por un cada vehículo. Ademais contaron coa colaboración da Garda Civil.

Por outra banda, este dispositivo prolongouse tamén ao control dos postos e licencias dos vendedores. Controlouse que a venda a exerza o titular do posto, salvo excepcións, pero que en calquera caso estiveran debidamente identificados, e estes documentos se atopasen en regra, tal e como indicaba o bando que onte mesmo asinaba o alcalde, Xosé Manuel Pazos.

Así mesmo a Policía confirma que a mañá transcorreu con normalidade, sen incidentes destacados, salvo o feito de que, por decreto de alcaldía, se viron na obriga de levantar un dos postos do mercado, por ser un dos implicados na liorta de fai dúas semanas. 

30 de outubro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.