publicidade hoxe

A Policía Local da Laracha realizará controis de velocidade nos cascos urbanos e travesías en novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Os axentes da Policía Local da Laracha intensificarán durante o mes de novembro o seu labor de control e vixilancia de tráfico co propósito de reforzar a seguridade viaria especialmente nos tres cascos urbanos do municipio e nas travesías.

A partir do luns da próxima semana comezaranse a realizar controis de velocidade grazas á cesión por parte da Dirección General de Tráfico dun vehículo radar froito do convenio de colaboración entre o Concello da Laracha e o citado organismo dependente do Ministerio de Interior.

Os principais puntos de control serán as vías dos núcleos de A Laracha, Paiosaco e Caión, así como determinadas travesías urbanas, como por exemplo Gabenlle. 

O obxectivo é que os condutores respecten os límites de velocidade establecidos e que as estradas do termo municipal da Laracha sexan máis seguras tanto para vehículos como para peóns.

29 de outubro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.