publicidade hoxe

A Policía Local da Laracha investiga o roubo de baterías no punto limpo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaSucesos
A-
A+

O Concello da Laracha lamenta o roubo cometido durante a pasada noite no Punto Limpo de O Formigueiro, acto que está a ser investigado pola Policía Local e que a empresa concesionaria da xestión das instalacións denunciará ante a Garda Civil.

Os ladróns accederon ao interior do recinto rompendo parte do enreixado perimetral. Xa no interior da instalación cortaron o material metálico dos condutos de ventilación dun dos almacéns para entrar nel e roubar unha vintena de baterías, material de contido tóxico e que se recolle no Punto Limpo para a súa posterior xestión cumprindo cos protocolos medioambientais correspondentes. 

O Concello da Laracha solicita a colaboración cidadá para dar cos responsables deste roubo. Ademais, o goberno local está a estudar a posta en marcha de novos mecanismos de seguridade para evitar que se repitan este tipo de actos nunha instalación de titularidade municipal.

8 de outubro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.