publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica imputa á presunta autora dun incendio forestal en Baños de Molgas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaños de MolgasPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Ourense veñen de informar da imputación da presunta autor dun incendio forestal no concello de Baños de Molgas, en Ourense.

O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado 15 de outubro no lugar de Nogueira de Arriba do Concello de Baños de Molgas (Ourense), ocasionado por un escape de queima, sen cumprir a normativa vixente ao carecer de permiso de queima. O lume afectou aproximadamente a 50.000 metros cadrados de monte raso. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

Por outra banda, axentes da Policía Autonómica da Coruña, procederon ao esclarecemento de dous incendios forestais ocorridos en Coirós e en Bergondo, ambos na provincia da Coruña, no que resultaron afectadas 10 hectáreas de monte raso por problemas no tendido eléctrico. En ambos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Betanzos.

No que vai de ano, un total de 66 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios forestais.

20 de outubro de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.