publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A nova conselleira Ángeles Vázquez declara o seu amor ao rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaMelide
A-
A+
Europa Press

A nova conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, avanzou que responderá con traballo ao “reto complicado” que asume con esta nova carteira: “dedicarse unicamente ao rural, que é o eixe vertebrador de Galicia, tanto a nivel económico coma noutros ámbitos”. Manifestouno na toma de posesión deste luns, na que a xa exalcaldesa de Melide (A Coruña) agradeceu ao seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, a “confianza” depositada nela e trasladoulle que espera estar “á altura” do que lle demandan el e o propio medio rural galego.

Vázquez, que asume o cargo con “moita ilusión” e “impregnada de responsabilidade”, reivindicou o seu “aval” da política local. Admitiu tamén que agora toca “cambiar de forma estrepitosa” e que pasará a recibir as “esixencias” que ela antes formalizaba ante o Executivo autonómico como alcaldesa.

Consciente dese cambio de rol, tamén recoñeceu o labor de Rosa Quintana, coa que dixo “entenderse” ben, e mostrouse convencido de que “estará aí” coa súa experiencia. A disposición dos alcaldes e de Galicia, a xa exalcaldesa de Melide finalizou a súa intervención cunha reivindicación do rural, no que se criou, onde vive e do que “viviu durante moito tempo”. “Amo o rural”, resolveu.

5 de outubro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.