publicidade hoxe

A nai de Andrea: “Empezouse a cumprir a vontade da miña filla”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoiaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A nai de Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade neurodexenerativa irreversible, Estela Ordóñez, confirmou este martes que se empezou a cumprir a vontade” da súa filla de “non seguir sufrindo”.

“Como ben dixen onte, esta sería unha semana delicada e podo xa aseguralo. Empezouse a cumprir a vontade da miña filla, non seguir sufrindo”, afirma a través do seu Facebook Estela Ordóñez despois de que o equipo médico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) accedese a retirar a alimentación artificial á menor ao empeorar o seu estado.

Ademais, a nai de Andrea sinala que lle tranquiliza moito” que “o xuíz e o forense, xunto con outros profesionais”, “decidisen non pechar o caso e ter un seguimento exhaustivo de que se cumpre o devandito polo hospital”.

“Con respecto á Xustiza séntome moi apoiada, algo importantísimo psicoloxicamente para poder acompañar á miña princesa nos seus últimos días ou semanas”, manifesta.

VIDA FELIZ

Tamén agradece no seu Facebook nunha mensaxe colgada este martes a “divulgación, comprensión, apoio e agarimo” neste caso. “É triste ter que chegar a esta situación, de verme na tesitura de loitar até na despedida dela, despois de tantos anos tentando facer o mellor posible para que a súa vida fose o máis feliz posible”, apunta.

“Non me arrepinto da miña actuación”, subliña Estela Ordoñez “se iso axudou a non fallar” á súa filla “e loitar polos seus dereitos e que estes se comezasen a cumprir”. “Moitísimas grazas desde o máis profundo da miña alma”, conclúe.

6 de outubro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.