publicidade hoxe

A marcha solidaria contra o cancro de mama estima a participación de 1000 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

O próximo domingo 18 de outubro a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM) organiza a VII Marcha Solidaria “Camiña con Adicam” en colaboración coa Fundación Cangas Deporte e os concellos de Cangas, Bueu e Moaña.

O percorrido desta marcha popular dará comezo no Concello de Bueu ás 9:45 horas, pasando por Moaña ás 10:00 horas e os camiñantes chegarán a Cangas as 11:45 horas. Xustamente aquí, na casa da Bola, procederase á lectura do manifesto e posteriormente os participantes achegaranse para formar un acto humano colléndose das súas mans.

“Visibilizar o cancro de mama e concienciar sobre a importancia da detención precoz” son os obxectivos que a organización busca con esta marcha na que prevén a participación de mil persoas. Así mesmo, a organización quixo agradecer tanto aos tres concellos como a Protección Civil e Policía Local a colaboración con esta iniciativa.

O concelleiro de Deporte, Xoán C. Chillón, aludiu á cidadanía a respaldar esta iniciativa coa súa participación. Gabou o traballo que realiza a asociación durante todo o ano e en concreto esta iniciativa “socio sanitaria deportiva” para a que convida á participación.

13 de outubro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.