publicidade hoxe

A I Xuntanza Moteira convertirá a Ponte Caldelas en punto de encontro obrigado para os amantes das dúas rodas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPonte Caldelas
A-
A+
Presentación da xuntanza moteira

Presentación da xuntanza moteira

Motos de tódalas marcas e cilindradas, customs, naket, erre, etc. daranse cita na tarde do vindeiro sábado día 10 en Ponte Caldelas, convocados polo Moto Club Redondela, para participar na primeira Xuntanza Moteira que terá lugar nas inmediacións do Chan da Barcia.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e membros da directiva do Moto Club Redondela presentaron os pormenores organizativos deste evento que pretende xuntar no municipio aos amantes do mundo do motor sobre dúas rodas. As motos quedarán estacionadas en Chan da Barcia, polo que permanecerá pechada a rúa ao tráfico e as persoas que se acheguen poderán ver as distintas motos que asistan a esta xuntanza.

Por outra banda, os participantes deberán concentrarse na zona habilitada pola organización e o Concello de Ponte Caldelas, xunto ao campo de fútbol e o pavillón municipal, para emprender a marcha dunha ruta turística por varios lugares do municipio, así como dos veciños de A Lama, Fornelos de Montes e Cotobade. A saída está prevista para as 17 horas e a chegada, unha hora máis tarde, tamén en Chan da Barcia. Entre os participantes estará tamén o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que pilotará unha scooter de 125 cc. 

A organización ten previstas diversas actividades para facer deste encontro unha experiencia divertida con xogos moteiros, música a cargo dun Dj e degustación gratuíta de pinchos para tódolos asistentes á marcha moteira.

A esta xuntanza está previsto que se acheguen participantes pertencentes á ducia de asociacións moteiras existentes en toda Galicia que teñen posto neste evento unha das súas citas obrigadas da temporada. 

A organización ten previsto instalar unha carpa así como un servizo de bar para que os participantes podan estar a cuberto e avituallamento. Tamén haberá postos de roupa e complementos moteiros, venta ambulante de bocadillos e ata unha rosquilleira. 

Os membros do Moto Club Rendondela agradeceron ao alcalde, Andrés Díaz, a colaboración do Concello de Ponte Caldelas nesta iniciativa, a primeira destas características que se realiza no municipio, e apostaron por consolidala para que sexa unha cita obrigada no calendario moteiro non só da provincia senón de toda Galicia.

8 de outubro de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.