publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A gardería de Brión festexa o Samaín cuns disfraces de cabazas elaborados polos cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Samaín na gardería de Brión

Samaín na gardería de Brión

Medio cento de nenos e nenas da gardería municipal de Brión, os que teñen entre dous e tres anos de idade, celebraron esta mañá unha Festa de Samaín. Unha festa na que os pequenos participaron disfrazados de cabazas, uns traxes que eles mesmos elaboraron na clase coa axuda dos seus profesores e utilizando elementos de reciclaxe (principalmente papel).

Os pequenos asistiron a un peculiar “conxuro da queimada”, no que unha das profesoras, disfrazada de bruxa, recitaron divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de piña) fose saboreada por todos os presentes, acompañada por outras larpeiradas. A festa rematou cos pequenos bailando e xogando no patio da escola infantil brionesa. 

A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, destaca a gran colaboración dos pais e nais dos cativos na celebración da Festa do Samaín pois “aínda que a festa non foi aberta ás familias, si que colaboraron todas elas decorando cadansúa cabaza na súa casa”. Unhas cabazas coas que a gardería municipal organizou unha exposición, que se puido ver durante toda esta semana na entrada da escola infantil. 

29 de outubro de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.