publicidade hoxe

A Garda Civil imputa a un mozo que tentou roubar un coche e deixouno abandonado no medio da vía no Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalSucesos
A-
A+

A Garda identificou e imputado a un mozo veciño de Tomiño como suposto autor do intento de roubo dun vehículo que deixou baleiro e no medio dunha estrada comarcal co evidente perigo para a seguridade viaria. A investigación foi dirixida polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui e precisou de diversas probas periciais que incluíron entrevistas, análises de ADN e das demais mostras recollidas polos axentes no lugar dos feitos.

As indagacións arrincaron o pasado 4 de outubro cando o propietario do vehículo e responsable dunha empresa do Rosal advertiu do intento de subtracción do coche que estaba estacionado correctamente dentro da súa leira durante esa madrugada e da súa posterior localización esa mesma noite no medio da calzada.

O lexítimo dono do vehículo apartou o vehículo, unha furgoneta Peugeot Expert da estrada ante o evidente risco para o tráfico, antes de denunciar os feitos ante a Garda Civil.

Os axentes desprazados ao lugar reconstruíron os últimos movementos do vehículo comprobando que tentaran subtraelo pero que, ao non poder arrincalo, o abandonaran. No vehículo recolléronse mostras fisiolóxicas que se remitiron ao laboratorio de criminalista da Garda Civil en Madrid, xa que para acceder ao asento do condutor, romperon unha xanela e o autor sufriu cortes que deixaron un rastro de sangue no coche.

Das indagacións practicadas aos longo da última semana púidose identificar e imputar como presunto autor destes feitos a J.L.C.G., veciño de Tomiño, de 30 anos e con varios antecedentes policiais por delitos contra a propiedade. Agora impútanselle outros dous, un de roubo en grao de tentativa e outro contra a seguridade viaria, polos que terá que comparecer ante a autoridade competente cando para iso se lle requira.

A investigación conta co testemuño de varias testemuñas ademais que sitúan ao novo ese día e na franxa horaria dos feitos no escenario. Veciños da zona vírono esa noite deambulando pola estrada PO-353 con evidentes síntomas de estar baixo a influencia dalgún tipo de droga, e accedendo a varias casas pedindo que lle deixasen telefonar a un familiar para que lle viñesen a buscar.

16 de outubro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.