publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil detén aos supostos autores de varios roubos en Salceda de Caselas

A Garda Civil detivo a C.V.A., de 18 anos idade, a N.A.P., de 20, ambos veciños de Salceda de Caselas, a A.F.P., de 19 anos e a G.C.D., de 19, estes veciños de Salvaterra de Miño, como supostos autores de varios delitos de roubo con forza en vehículos e nun campo de fútbol, así como da subtracción dun ciclomotor, todos estes ilícitos foran  cometidos no  municipio de Salceda de Caselas, sendo tamén imputados polos mesmos un menor de idade e D.G.G., de 18 anos con domicilio en Salvaterra de Miño.

Estas detencións, que foron realizadas nos días 21 e 22 do actual, son froito das investigacións que compoñentes do Posto Principal do Porriño viñan realizado para o total esclarecemento destes feitos delituosos.

Con estas detencións, ademais do esclarecemento dos referidos delitos, recuperouse o ciclomotor e parte dos efectos subtraídos.

Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número UN do Porriño, onde terá que presentarse tamén a imputada mentres que o menor farao ante a Fiscalía de Menores.

23 de outubro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.