publicidade hoxe

A Garda Civil desarticula un grupo dedicado ao roubo de fío de cobre en vivendas deshabitadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMosO PorriñoPontevedraSucesosVigo
A-
A+
Roubo de cable

Roubo de cable

A Garda Civil detivo aos integrantes dun grupo organizado que se dedicaba ao roubo de fío de cobre en edificacións e vivendas de nova construción, fundamentalmente na zona sur da provincia.

O pasado mes de xullo o Posto Principal do Porriño recibiu unha denuncia pola comisión dun delito continuado de roubo que se cometeu nos catro bloques dun edificio, de recente construción e sen habitar, situado nunha céntrica rúa da localidade, de onde levaron o cableado eléctrico de todos os pisos e dous motores de auga situados nos sotos.

Os danos materiais causados no edificio foron moi elevados, tendo en conta que forzaron as portas de todas as vivendas e deterioraron considerablemente toda a instalación eléctrica para arrincar o cable. A empresa propietaria do inmoble valorou en algo máis de 80.000 €uros a reparación dos danos e a reposición dos obxectos subtraídos. 

A investigación levada a cabo polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo culminou os últimos días coa detención deste grupo organizado integrado por CINCO xóvenes, un deles menor de idade, veciños de Vigo, Mos e O Porriño. 

Parte do cable de cobre subtraído xa fora vendido no norte de Portugal por dous cidadáns de nacionalidade marroquí, residentes no Porriño, que tamén foron detidos como supostos autores dun delito de receptación.

29 de outubro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.