publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Fundación Pondal anuncia a preparación do centenario nunha xuntanza con Goretti Sanmartín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPonteceso
A-
A+

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, mais o deputado delegado da área de Cultura e Patrimonio, Xosé Regueira coñeceron de primeira man o inicio dos preparativos para o centenario de Pondal na visita que se desenvolveu este xoves ao concello de Ponteceso.

Despois dunha visita institucional á casa do concello de Ponteceso no que Goretti Sanmartín e Xosé Regueira coñeceron algúns dos proxectos da entidade municipal con colaboración da Deputación, dirixíronse á sede da Fundación Pondal na que coñeceron de primeira man os preparativos para o centenario da morte do escritor que se iniciarán a comezos do ano 2017.

Goretti Sanmartín e Xosé Regueira reuníronse en primeiro lugar co alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, mais boa parte do grupo de goberno, entre os que se atopaban os concelleiros e concelleiras Carlos Penedo, José Manuel Pose, Susana María Toja e Isabel Vuelta. A situación do concello e os principais proxectos nos que a Deputación colabora foron algúns dos temas deste primeiro encontro que se concretarán en futuras visitas.

A seguir, a delegación dirixiuse á Fundación Eduardo Pondal, unha entidade de grande dinamismo cun amplo grupod e actividades que está xa a preparar o programa para o centenario do pasamento do escritor que comezarán a conmemorar a inicios do ano 2017. Ademais de coñecer as iniciativas e os problemas da Fundación, concretouse unha próxima xuntanza para abordar proxectos conxuntos que están a comezar a deseñar, en especial, de cara ao vindeiro centenario.

29 de outubro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.